top of page
Marie (23).JPG

MARIE GONZÁLEZ

  • Instagram
  • LinkedIn

Co-directora / Comunicación

O cine me roubou o corazón cando tiña 13 anos e me regalaron a miña primeira cámara por Nadal. Dende entón, fun explorando diferentes facetas do audiovisual que, dun xeito ou doutro, sempre acababan levándome á imaxe, á estética e ás ganas de crear.

​

Son graduada en Comunicación Audiovisual e, como boa Piscis, dei unhas cantas voltas antes de ir descubrindo o meu sitio! Ao longo deste camiño formeime nos ámbitos da fotografía e a dirección de produción, ata atopar as miñas dúas grandes paixóns: a dirección e a dirección de arte.

​

Teño traballado na cabeza de dirección e na axudantía, e actualmente continúo formándome en dirección creativa e dirección de arte a través dun mestrado na Universidade de Vigo. Para min, crear é un pouco volver á infancia: xogar, experimentar, facer mil probas e construír cousas que antes só existían na miña cabeza. E se hai algo que teño claro, é que non quero deixar de explorar todo o que o cine me pode ofrecer.​​​

Mis pelis favoritas son...

image.png
image.png
image.png
image.png
bottom of page